Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

jueves, 22 de mayo de 2014

Cajón del Maipo: Monumento Natural del Morado (Andes chilenos)

Santiago de Chile atópase a escasos quilómetros da cordilleira dos Andes, de feito en menos dunha hora en coche pódese estar no corazón desta enorme cordilleira rodeado de montañas que superan amplamente os 5.000 m de altura.




Unha das rutas mais coñecidas para acceder á cordilleira dende a capital é a través do Cajón del Maipo, un estreito canón excavado polo río Maipo no seu descenso dende as montañas. Nesta zona pódense realizar inumerables rutas de montaña, pero nesta entrada describirei a que percorre o Monumento Natural de El Morado, ruta que tiven a sorte de poder realizar en novembro de 2013.

Para sair de Santiago temos que coller en dirección Sureste pola Av. Vicuña Mackenna ata chegar a estrada a San José del Maipo (Tamén coñecida como Camino al Volcán). Uns 30 km despois de abandonar a gran urbe chegamos ó pequeño pobo de San José, onde paga a pena deterse un ratiño e dar un paseo pola plaza de armas, ésta é tamén a última poboación de entidade antes de adentrarnos na cordilleira.

Mapa do Cajón del Maipo (http://www.cajondelmaipo.com/)
A partir deste punto o val vaise estreitando xustificando a denominación de cajón (canón) o mesmo tempo que a vexetación das ladeiras vai desaparecendo a medida que gañamos altura, pasando dun ambiente mediterráneo similar o existente en Santiago a un cada vez mais desértico. A 30 km de San José cruzamos a aldea de San Gabriel, punto no que remata a estrada asfaltada e se bifurca en dous camiños de ripio, un parte cara o norte polo Val do Yeso e outro continúa dirección leste seguindo o curso do río Volcán.


Igrexa en San José de maipo

Para chegar o Monumento Natural del Morado, un dos lugares mais visitados desta zona dos Andes ,  hai que continuar polo camiño al Volcán outros 30 km mais ata chegar á localidade de Baños Morales. O acceso a pesar de ser de ripio atopábase en moi bo estado e podíase circular sen ningún problema con un turismo. 

Baños Morales é unha pequena vila situada a 1.820 m de altitude e 92 km de Santiago, ubicada na confluencia dos ríos Morales e Volcán. Neste lugar deixase o coche e coménzase a camiñar (O acceso o Monumento Natural está sinalizado)

Panorámica de Baños Morales

Vista en Google Earth da ruta realizada

Tras uns poucos metros de ascenso por unha pequena loma deixando o pobo ás costas chegamos a caseta da CONAF (imprescindible) onde un garda nos rexistrará e nos cobrará o acceso, creo recordar que eran uns 2.000 pesos chilenos (aproximadamente 3 euros). 

Unha vez pasado o control de acceso continúase ascendendo pola ladeira por una forte pendente ata que nos adentramos no val glaciar coa típica forma en U, a partir dese momento o desnivel é moito mais suave e o ascenso mais levadeiro.


Inicio do val glaciar

A vexetación nesta zona é o  matorral esclerófito andinos conformando una ambiente estepario no fondo do val. Nesta zona inicial fotografei un dos lagartos mais fermosos que tiven oportunidade de observar en Chile, o lagarto de Lo Valdés (Liolaemus valdesianus), un raro endemismo destes profundos vales andinos. Teño que sinalar que na identificación deste lagarto colaborou moi amablemente o garda do Monumento Natural.


Lagarto de lo Valdés

Aproximadamente a 3 km da caseta de acceso da CONAF atópase o primeiro punto sigificativo da ruta, Aguas Panimávidas, un conxunto de mananciais de augas minerais ricas en carbonatos e ferro que tinguen o terreo de múltiples tonos vermellos, ocres, alaranxados, etc.


Manancial ferruxinoso en Aguas Panimávidas

A partir deste punto comenza a aparecer neve no camiño, a ruta fíxena o XX de Outubro de 2013 (a finais do inverno no hemisferio sur), pero o camiño está marcado e decido continuar ata chegar a Lagoa de Morales (con frecuencia denominada erróneamente Lagoa del Morado). Ésta é unha pequena lagoa glaciar situada a case 2.400 m de altura polo que nesta época se atopaba parcialmente conxelada.

A neve comenza a ser abondosa na ruta
Lagoa de Morales conxelada

As vistas desde este punto sobre o Glaciar de San Francisco son espectaculares, desgraciadamente a partir deste punto a cantidade de neve no camiño era xa moi abondosa e dificultaba o avance o non levar o equipamento adecuado (serían preciso raquetas) polo que decido regresar.

Glaciar San Francisco

Durante o camiño de descenso aproveito para contemplar e fotografar a avifauna de alta montaña que vou observado, toda ela descoñecida para min.

Churrete acanelado (Cinclodes fuscus)

Cometocino de Gay (Phrygilus gayi)

No seguinte enlace ó fantástico blog de Saba González (Serapia: Algunhas aves de Chile) mostranse outras moitas especies de aves fáciles de ver no Chile mediterráneo.

Unha vez no coche en Baños Morales todavía se pode ascender mais polo camiño de Ripio internándonos mais na cordilleira ata chegar a Baños Colina, unhas termas naturais situadas a 3.500 m formadas por varias pozas naturais nas que a auga acada temperatura de ata 70ºC.  Sen embargo, como era de esperar dada a época do ano non puiden chegar ata elas xa que apenas puiden superar o poboado de Lo Valdés

Os carteis de perigo volcánico impoñen un pouco de respeto

Acceso a Baños Colina

No hay comentarios:

Publicar un comentario