Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

lunes, 21 de enero de 2013

Estany de Gerber


Todo comezou cun rebeco.


Na ponte de decembro de 2011 pasamos uns dias visitando a uns familiares no Val de Arán (Lleida).O último día, antes de coller rumbo a casa tiñamos a pretensión de subir ao circo de Colomers o norte do Parque nacional de Aigestortes (äinda que fora do parque). Sen embargo a pista de acceso dende Tredòs (Val de Arán) estaba chea de xeo e non era seguro ir co coche. Decidimos entón tentar subir aos lagos do túnel de Vielha (xusto na fronteira con Aragón) pero como non atopamos onde deixar o coche ben aparcado, desanimados collemos rumbo cara casa polo porto da Bonaigua. Ó pasar as pistas de esquí, inda baleiras (era a principios de decembro e apenas nevara), apartamos xusto antes do descenso cara a Bonaigua de Baix a dar unha volta. Case era mediodía, admirabamos a paisaxe cando de súpeto descubrimos un rebeco asexandonos dende unha ladeira moi quedo. Decidimos achergarnos un pouco máis para fotografialo:

Rebeco (Rupicapra rupicapra)

No camiño atopamos sinais dunha ruta de sendeirismo, que ascendía lixeiramente e escorríase entre os collados deixando atrás a deteriorada paisaxe das pistas de esquí e adentrandose nunha zona de reserva natural:


Mapa da ruta realizada

Vista en Google Earth da ruta realizada

Val de Gerber dende o inicio da ruta
Sen comida e pouco máis que a cámara, iniciamos a ruta ca intención de “dar unha volta”... Co que non contabamos era que o que veríamos nos engancharía durante horas. A medida que avanzabamos, a cuberta de neve ía facendose máis espesa e compricaba o camiño. Con coidado de non esvarar, chegamos ata un fermoso lago xeado escondido entre as penas e os abetos, trátase da Estanyola de Gerber. (Estany é o nome que en Cataluña se lle da os lagos)

Estanyola de Gerber
O sendeiro arrodeaba o lago e subía lixeiramente por treitos algo perigosos, xa que o xeo partíase baixo as nosas botas. Mentres camiñamos imos deixando atrás fermosas paisaxes de inverno:


Atopamonos cun segundo lago xeado (deste descoñezo o nome) pero tan fermoso como o anterior.




Unha vez pasado este lago, adentramonos na zona periférica do Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici. Tras superar o seguinte collado, descubrimos o lago de Gerber, moito máis grande e impresionante. Debido o seu tamaño este non se atopaba xeado.

Límite do Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici

Estany de Gerber

Enganchados coma se fose unha droga, decidimos continuar por un sendeiro, bordeando a marxe esquerda do lago. Pronto intuimos que o sendeiro ascende cara a cima das ladeiras que limitan o lago Gerber, e con curiosidade por saber qué hai máis alá, decidimos afrontar o risco:


Sendeiro conxelado 
Ascendemos ata un pequeno pico (2.346 m) dende o cal a panorámica do lago é fermosa...


... e ó outro lado hai unha inmensidade de neve:


Comprobamos que a ruta segue, hai indicadores cara un refuxio de montaña e cara a Colomers, pero decidimos darnos a volta xa que o sendeiro non é tan apreciable coma ata agora (apenas hai pegadas que marquen o camiño) non levabamos o vestiario axeitado.

De baixada, desfrutamos das fermosas vistas, despedindonos ata pronto de todolos rincons que fixeron que  un paseo totalmente improvisado se convertira nunha ruta que lembraremos moito tempo.


Panorámica do Estany de Gerber


No hay comentarios:

Publicar un comentario