Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

sábado, 10 de noviembre de 2012

Pena Trevinca (dende Laguna de los Peces)

Tras realizar o día anterior a ruta do Canón do río Tera dispuxemonos na xornada do 13 de Outubro a ascender a Pena Trevinca. A montaña mais alta de Galicia e de Zamora, xa que a fronteira se atopa xustamente no cumio.

Pena Trevinca
Este é o segundo intento de ascensión a Pena Trevinca, fai xa un par de anos tentáramos subir dende o lado galego pasando pola Lagoa da Serpe, pero nos quedaramos a metade de camiño por facersenos tarde. Neste caso ascenderemos polo lado zamorano, por onde a ruta é igualmente dura, non polo desnivel a salvar, que por suposto é importante xa que se trata dunha montaña de mais de 2000 metros de altura, senón sobre todo pola longuisima aproximación que hay que facer ata a base da montaña. En total a ruta completa, ida e volta, son mais de 25 km, polo que, se fai necesario madrugar e sair cedo, sobre todo nestas datas do outono cando os días xa son bastante pequenos.

Mapa da zona
Cartel informativo no inicio da ruta
O día amenceu moi frío, cunha xeada desas que te obrigan a estar varios minutos quitando xeo do parabrisas, e eso no pobo onde nos aloxamos en Trefacio, imaxinadevos arriba na montaña. Pois eso, tras quitar o xeo do parabrisas e ir almorzar collemos o coche e subimos ata a Laguna de los Peces. Alí hai un aparcamento dende o que sae unha pista moi evidente en dirección norte. Por esa pista ascendemos dunha maneira moi suave ata o altiplano de La Ventosa. Esta é unha chaira herbácea situada a uns 1900 metros de altura. Aquí se nos fixamos poderemos ver pequenos paxariños que se moven entre as hervas e arbustos, se trata de bisbitas, un pequeno páxaro moi típico nestes ecosistemas

Laguna de los Peces
Altiplano de la Ventosa
Dende o altiplano observase en dirección oeste o profundo val glaciar do Río Tera e o fondo Pena Trevinca. Dende onde nos atopamos continuamos polo camiño que baixa cara o río Tera. A esquerda deixamos atras o encoro de Vega del Conde. Nesta baixada hai unha fonte con auga fresca, esta información  é interesante xa que nos evitará cargar con auga para todo o día dende o coche.

Encoro de Vega del Conde
Val glaciar do río Tera (o fondo Pena Trevinca)

Unha vez chegamos o fondo do val, tras descender dende os 1900 m ata aproximadamente os 1600 pasamos o lado do refuxio de montaña de Riopedro. Cruzamos o río por unha ponte habilitada a tal efecto e seguimos, sempre deixando o río Tera a man dereita, ata o fondo do val. O camiño é moi evidente e o noso obxectivo, Pena Trevinca, sempre visible o fondo. Neste tramo do percorrido o río Tera forma numerosos meandros con pozas nas que podemos observar como as troitas de montaña esperan a caída dalgún saltón para alimentarse.

Refuxio de Riopedro
Río Tera
Río Tera
Xa na base de Pena Trevinca comenza o mais duro da ruta, a ascensión ata os 2127 m que ten a cima desta montaña. A ascensión non presenta ningún paso compricado e simplemente na parte mais alta teremos que axudarnos das mans nalgún punto. Todo o camiño de asecenso atópase salpicado de quitamerendas (Crocus sp), pequenas florciñas parentes cercanas do azafrán típicas desta época do ano.

Ascensión final
Quitamerendas (Crocus sp)
Xa na cima as vistas son impresionantes, polo lado zamorano vemos o val do rio Tera e todalas montañas de Sanabria, e polo lado galego Manzaneda, o Courel, etc. Na cima nos topamos con varios grupos de montañeiros que sen duda ascenderon dende o lado galego xa que nos apenas vimos un par de persoas en toda a ruta.
Vista dende a cima cara o lado zamorano
Vista dende a cima cara o lado galego
A poucos metros da cima hay unha enorme cruz de formigón tirada, supoño que nalgún momento alguén decidiu poñela na cima pero a min sinceiramente me parece unha aberración.

O longo retorno ata o coche faise polo mesmo camiño. Hai que prever unhas 4 horas dende a cima polo que hai que ter ollo para que non se nos faga de noite. Durante o regreso puidemos contemplar numerosos voitres regresando os durmideiros que esta especie ten no macizo de Pena Trevinca.

Voitre leonado
O final tras mais de 9 horas de camiñata e 25 km nas pernas por fin chegamos o aparcamento onde a nosa cadeliña Nina chegou francamente reventada (Quizais nesta ocasión nos pasamos con ela)

Nina

No hay comentarios:

Publicar un comentario