Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

sábado, 9 de junio de 2012

Lagoa do Fogo e Val das Lombadas (Illa de Sao Miguel - Azores)

Lagoa do Fogo:

A Lagoa do Fogo é sen dúbida un dos lugares mais fermosos da illa. O igual que os outros grandes lagos de Sao Miguel (Sete Cidades e Furnas) tamén ten unha orixe volcánica pero á diferenza destes, atópase a moita mais altura sobre o nivel do mar e non está nada humanizada. 

Lagoa do Fogo

Lagoa do Fogo atópase na parte central da illa, relativamente preto da capital Ponta Delgada (a pouco mais de media hora). Un cousa moi recomendable e subir a esta zona no primeiro día de bo tempo que nos atopemos xa que o estar a gran altura (700 – 800 m) e moi frecuente que esté pechado de nubes e non poidamos apreciar a súa beleza, e se o deixamos cara o final da nosa viaxe pois quizais nos quedemos sen disfrutar desta parte da illa.

Mapa da Illa de Sao Miguel (no círculo a zona onde se atopa Lagoa do Fogo e Lombadas)
 
Se accedemos dende Ponta Delgada (que me imaxino que será o mais normal) nos toparemos con un par de miradores para aprecias as vistas dende unha posición elevada. Dende estes miradores veremos moitísimos exemplares de gaivota patiamarela (Larus michahellis) que nidifican nos acantilados que rodean á lagoa.

Gaivota patiamarela (Larus michahellis)
 
No segundo dos miradores comeza un sendeiro que vai baixando os aproximadamente 150 m de desnivel que nos separan da beira da auga. O sendeiro é cómodo pero ten bastante desnivel e hai que ter en conta que por aquí é por onde teremos que subir mais tarde.

Sendeiro para descender á lagoa
 
A laurisilva orixinal que fai anos debía cubrir estas ladeiras está totalmente degradada e a vexetación dominante está composta por criptomerias (Criptomeria japonica), durillos (Viburnum timus), brezos (Erica azorica) e nas partes baixas o abundantisimo fento arborescente (Ciatea cooperi)
  
Unha vez chegamos o fondo do cráter poderemos pasear polas praias e acantilados que bordean a lagoa desfrutando dunha incrible sensación de soidade e tranquilidade xa que a maioría da xente quédase no mirador e non baixan.


Se seguimos camiñando toparemos un sendeiro que sube ladeira arriba para salvar unha península que se adentra na lagoa. Nós collémolo pero non é moi recomendable xa que a media ladeira desaparece e tivemos que baixar monte a través. E máis recomendable seguir sempre pola beira da auga.

 
Un pouco mais adiante unha barra de area separa unha pequena lagoa do resto da masa de auga, neste punto vale a pena sentarse cuns prismáticos na man e observar as múltiples especies de aves mariñas e acuáticas que se poden ver nesta zona. Incluso, segundo teño lido que eu non o comprobei, é posible observar aves mariñas norteamericanas. Nesta lagoa nidifican moitas desas aves acuáticas polo que se deberá ter coidado de non molestalas.



O regreso faise polo mesmo camiño ata o mirador, onde se atopa o aparcamento.

Vista da ruta realizada nunha imaxe de Google Earth (vista dende o sur)

Lombadas:

O val de Lombadas é un deses sitios que non aparece en ningunha guía nin folleto turístico e cando vas estás completamente só, e sen embargo te sorprende enormemente. Para nos foi un dos lugares mais chulos onde estivemos de toda a illa.
Val de Lombadas

Atópase moi preto da Lagoa do Fogo pero para chegar ata alí hai que continuar pola estrada cara o Norte en dirección a Ribeira Grande e unha vez alí tomar o desvío a Caldeiras. Unha vez que pasemos esta pequena vila termal a estrada se estreita e collendo un desvio a man esquerda chegaremos sen problema ata Lombadas. Dende a carretera pódense contemplar espectaculares fervenzas e vertixinosos bosques colgados dos desfiladeros que configuran o val.

Val de Lombadas

A estrada remata no punto onde dous pequenos regatos se unen, o lado dunha pequena construcción abandoada. A partir de aquí poderíamos remontar calquera dos dous vales, nos optamos polo que sae a nosa dereita (seguindo a dirección pola que chegaba a estrada)

Barranco que sae a nosa esquerda

Barranco que sae a nosa dereita (ésta foi polo que continuamos ascendendo)

A medida que imos ascendendo múltiples manantiais (algúns deles ferruxinosos) vanse unindo no cauce para formar o regato, o mesmo tempo o barranco se estreita e o sendeiro desaparece pero podese continuar perfectamente polo cauce xa seco.

Manantial ferruxinoso
Barranco de Lombadas

Non podo comentar como é o final da ruta, na cabeceira do barranco porque se nos botou o tempo enriba e tivemos que dar a volta antes de tempo, sen embargo se algún dia voltamos a Sao Miguel seguro voltaremos a esta zona.

Vista da ruta realizada nunha imaxe de Google Earth (vista dende o Leste)

No hay comentarios:

Publicar un comentario