Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

domingo, 19 de febrero de 2012

Glaciar de Rutor e Cascadas de La Joux (Val de Aosta)

Continuo describindo as rutas feitas na nosa excursión alpina durante o verán de 2011. Tras dous dias no lado francés do Macizo do Mont Blanc pasamos o Val de Aosta italiano coa intención de percorrer durante 3 dias o Parque Nacional do Gran Paradiso e as montañas que circundan o val.


Aloxamonos no camping Arc En Ciel en Morgex, un establecemento pequeno e familiar onde o propietario (cun extraño parecido a Bruce Willis) a pesar de non falar nada de español nos fixo sentir como en casa. Moi recomendables tamén as pizzas do restaurante, como non podia ser doutra maneira en Italia.

Val de Aosta (Web oficial del turismo en el Valle de Aosta)

A primeira das xornadas no Val de Aosta, aproveitando que o día estaba pasado por auga, adicamola a pueblear e coñecer de maneira rápida o val e a capital, achegamonos tamén  ata Cogne, Vallnontey e Lillaz (nas portas do Parque Nacional do Gran Paradiso). Neste último pobo a escasos 3 km de Cogne hai unha pequena ruta que en apenas 10 minutos a pe nos leva ata unha fermosa fervenza, a Cascada de Lillaz.

Cascada de Lillaz

O día seguinte, xa con mellor tempo, botamonos ó monte para remontar o torrente que baixa dende o Glaciar Rutor. Para empezar a ruta hai que achegarse ata a localidade de La Thuile, preto de Morgex, e unha vez alí continuar pola estrada uns poucos quilometros mais ata o aparcamento de La Joux (1610 m).
 

La Joux nin sequera chega a ser un pobo, non son mais de 3 ou 4 casiñas nunha fermosa zona dos alpes, cunha espectacular paisaxe de prados e bosques.

Vistas dende o lugar de La Joux


O camiño está perfectamente sinalizado dende o aparcamento, e imos, pouco a pouco remontando o Torrente Routor pola súa marxe dereita polo medio dun fermoso bosque de abetos.


Según imos ascendendo nos atopamos 3 cascadas, ou fervenzas como se di pola miña terra, coñecidas como cascadas de La Joux. Éstas atópanse perfectamente sinalizadas e desviandonos poucos metros do camiño principal. Hai que ter moito coidado nestas zonas de non sairse das zonas vaiadas xa que os barrancos son espectaculares e é mellor non ter ningún disgusto.

A 1ª das cascadas que nos atopamos na ruta

A 2ª das cascadas

A 3ª das cascadas
Para chegar ata esta última cascada gastamos unhas 2 horas, ascendemos xa uns 400 m e estaremos rondando os 2000 m de altura, a partires de eiquí o camiño bifurcase, á esquerda un cartel indicanos o Refuxio de Deffeyes e cara a dereita os Lagos de Bellacomba. A pesar de que iremos ata o refuxio o faremolo dando un rodeo para pasar xusto por debaixo do glaciar de Rutor. Por tanto, a pesares do que nos indica o cartel nós collemos cara a dereita.



Deseguida atopamos outro desvio por unha ponte cara o Lago Bellacomba, pero nesta ocasión, non o collemos e seguimos ascendendo ata atoparnos nun balcón completamente chan onde o torrente se divide e forma suaves meandros para percorrelo, seguramente se trate dun antigo lago glaciar colmatado. A estas alturas (2150 m) as árbores xa desapareceron e a paisaxe alterna picos rochosos e prados alpinos.



Tras cruzar esa pequena zona chá aparece ante nós unha nova parede rochosa que iremos subindo por un sendeiro duro pero ben marcado. Por fin, 200 m mais arríba, aparece ante nós un lago (cuio nome descoñezo) e xusto detrás a fronte do Glaciar Rutor



Contemplando este lago, e tras 4 horas de camiñata, facemos un alto para comer un bocadillo. Para os amantes da botánica estes prados alpinos son unha delicia, nesta época do ano están plagados de múltiples flores, etre elas fermosas orquídeas.

Orquídea
Continuamos o camiño de ascenso ata o refuxio xirando no lago cara o noreste, neste punto o camiño faise mais complicado, en zonas pouco evidente e con un par de pasos de certa dificultade. Pasamos o lado doutro pequeno lago (Lago Verde) e o fondo xa divisamos o Refuxio Deffeyes. O lado deste hai unha pequena capela dedicada a Santa Margarita.

Lago Verde
Capela de Santa Margarita
Refuxio de Deffeyes
Dende o refuxio (2494 m) se poden admirar as vistas sobre o glaciar Rutor e os lagos situados por baixo del. Dende aquí parten rutas que se internan no glaciar cara os cumios, pero que nós deixaremos para outra ocasión.

Lago Verde, na parte superior dereita Glaciar Rutor
O descenso farémolo polo camiño propio de acceso ó refuxio (o que nos indicaba o sinal trala terceira cascada). O desnivel é moito mais pronunciado que por onde ascendemos e rápidamente zigzagueando pola ladeira imos descendendo os case mil metros de desnivel que nos separan do aparcamento.

Nesta imaxe pódese apreciar o importante desnivel que hay que salvar.
Durante o descenso tivemos ocasión de observar unha marmota a pouca distancia, éste é un roedor moi comun nos prados alpinos dos Alpes e dos Pirineos.

Marmota alpina (Marmota marmota)

No hay comentarios:

Publicar un comentario