Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

domingo, 19 de junio de 2011

Parque Natural do Invernadoiro

Nesta ocasión Saba, Miguel mais eu visitamos o que seguramente é o mais descoñecido de tódolos parques naturais galegos. A serra do Invernadoiro atópase no interior da provincia de Ourense, lindando co Macizo Central e preto de Manzaneda.

O parque exténdese polas concas dos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, os cales desembocan no embalse das Portas. Entre os valores naturais que xustificaron a sua declaración como parque natural no ano 1997 atopanse, entre outros, a presencia de lobo, aguias reais e extensos bosques de caducifolias. Ademais a Xunta está a levar a cabo proxectos de reintroducción de diversas especies nesta zona (cervo, rebeco, cabra montés).

Encoro das Portas

O acceso a esta zona está restrinxido a soamente 30 persoas por día e é necesario obter un permiso chamando á delegación do Servizo de Conservación da Natureza da provincia de Ourense, no número 988 386 376.

Nós sacamos o permiso para o día 21 de marzo de 2010. Tentamos ir un mes antes pero foi imposible xa que o acceso ao parque (por unha pista de terra) estaba pechado pola neve.

Para chegar collese a autovía das Rias Baixas ata Verín e unha vez alí a carretera comarcal OU-114 dirección Laza. Nesta mesma estrada, tomase o desvío cara Campobecerros. Dende este pobo accedese ao parque seguindo unha pista forestal.

No centro de recepción do parque, situado nunhas casetas da Ribeira Pequena,  esperanos un garda que nos da unha pequena charla sobre os valores naturais do parque e explicanos as distintas rutas que podemos facer. Existen varias posibilidades de maior ou menor duración. Nós optamos por facer dúas pequenas rutas na Ribeira Pequena (ruta da aceveda e ruta dos cercados) e desprazarnos en coche ata a Ribeira Grande para facer outra pequena ruta (ruta da auga).

 
Plano da zona e rutas realizadas

Visión en Google Earth da zona e das rutas realizadas

Ruta da Aceveda: Saindo das casetas de Ribeira Pequena imos durante uns centos de metros paralelos ao río, pero unha vez o cruzamos por unha ponte a pista comenza a coller altura, sempre polo medio dun bonito bosque de piñeiros.

Río Ribeira Pequena

Ese día nolos tres éramos os únicos visitantes do parque polo que fixemos as rutas en total soedade, únicamente acompañados por dous preciosos (e un pouco impoñentes) mastíns que parece ser viven nas casetas do parque e habitualmente acompañan aos visitantes nos seus paseos.



Un dos mastíns que nos acompañaron durante a ruta da aceveda


Inicialmente a subida discorría entre piñeiros pero enseguida as árbores desaparecen dando paso ao monte baixo de uces e toxos. En aproximadamente unha hora de subida (con calma) chegamos ao punto mais alto da ruta, onde hai unha caseta e unhas mesas para descansar (Caseta de Birlauto). Dende aquí podemos desfrutar dunha bonita vista de todo o val do Ribeira Pequena.

Cabeceira do val do Ribeira Pequena

O camiño regresa por unha pista a media ladeira, para descender ata as casetas (punto de inicio) por un cortalumes con bastante desnivel.

Bubela (Upupa epops) nas casetas de Ribeira Pequena

Esta ruta pode decepcionar un pouco a "grandes montañeiros" porque non ten a espectacularidade da alta montaña, pero é un paseo moi agradable por un lugar totalmente natural (o pobo mais cercano atópase a bastantes km de distancia) desfrutando da tranquilidade e da vexetación e fauna da zona. Trátase tamén dun percorrido que se pode facer perfectamente con nenos.

Ruta dos cercados: Esta ruta sae tamén das casetas de Ribeira Pequena. Temos que coller a pista que pasa por diante da estación meteorolóxica e continuar ascendendo ata o final do camiño. É un traxecto curto (pouco mais de quilómetro e medio) pero bastante duro porque se salvan uns 200 m de desnivel. O interés desta ruta non é outro que tentar divisar as distintas especies de cérvidos e cabras montesas que viven en semiliberdade nuns extensos cercados a carón dos cales discorre o camiño. No noso caso únicamente puidemos observar cabras montesas no punto mais alto da ruta e a gran distancia. Regrésase ao punto de partida desfacendo o camiño.

Cercado das cabras montesas

A continuación e tras comer un bocadillo, do que tamén deron boa conta os mastíns, collemos o coche e por unha pista paralela o río descendemos ata a cola do embalse das Portas e remontamos o outro río que forma o parque, a Ribeira Grande para facer alí a 3ª das rutas. Este tramo en coche tamén é moi interesante xa que as paisaxes son espectaculares. Tras 11 km chegamos ao inicio da ruta, na aula da natureza onde podemos deixar aparcado o coche.

Desembocadura do Ribeira pequena no Encoro de Portas

Ruta da auga: Unha ruta moi sinxela, collemos unha pista paralela pola marxe dereita ao Ribeira Grande e subimos por ela río arriba ata chegar a un centro de captura e desove de troitas para repoboación. Regresamos pola beira do río desfrutando das súas augas cristalinas e dun espectacular bosque de ribeira perfectamente conservado.

Presa do centro de captura

Según me teñen contado no inverno neste río se producen espectaculares remontes das troitas do embalse para desovar o que deixa imaxes que recordan as remontadas de salmóns en Alaska. Sen dúbida todo un espectáculo que tentaremos ver noutra ocasión.


Río Ribeira grande


O regreso en coche faise pola mesma pista ata as casetas de Ribeira Pequena e despois polo mesmo camiño ata Campobecerros.



1 comentario:

Unknown dijo...

Coma sempre, teño os colmillos do tamaño de barras de pan!

Grande, Verde!

Publicar un comentario