Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

martes, 26 de abril de 2011

Forao de Aiguallut e Ibon de Barrancs (Polas faldas do Aneto)

No Val de Benasque (incluído dentro do Parque Natural de Posets-Maladeta) atópase a maior concentración de picos superiores ós 3.000 m de todo o Pirineo, o que o fai un lugar moi frecuentado por montañeiros e sendeiristas.

Entre estes picos se atopa o Aneto (3.404 m), e os seus pes, en concreto a pes do glaciar da súa cara norte e onde nos leva a ruta que fixemos nesta ocasión (10-08-2010)




O inicio da ruta está nos Llanos do Hospital de Benasque (1740 m), un antigo hospital hoxe convertido a hotel), para chegar dende o pobo de Benasque temos que seguir a estrada xeral (A-139) en dirección Norte, pasando de longo o desvío cara a estación de esquí de Cerler e os Baños de Benasque.

Preto do Hospital atopamos os aparcamentos en un servicio de autobuses (non recordo o prezo) que se nos interesa nos sube ata a caseta da Besurta (aforrándonos aproximadamente 1:30 min de camiñata). De todas maneiras eu non o recomendo xa que o paisaxe na parte baixa do percorrido é tamén moi chulo (en calquera caso, e se estamos cansados poderiámolo tomar para baixar). A ruta é de dureza moderada, xa que son uns 9 km (e outros tantos para voltar) e 700 m de desnivel, moi fácil ata o Forao de Aiguallut pero a partir de ahí complícase un pouco.

Zona dos Llanos do Hospital (inicio da ruta)
 
Aparcamos o coche e iniciamos a ruta por unha pista asfaltada que circula polo medio de prados e bosques de abetos, cunha impresionante vista dos macizos que nos rodean. No inverno esta zona é moi recomendable para practicar o esquí de fondo ou os paseos con raquetas de neve.

Tras aproximadamente 2 km o val ábrese nunha gran explanada coñecida como Pla de Estañ (1850 m), una chaira que se ve que foi nun tempo un lago glaciar xa case colmatado, aínda que aínda quedan algúns pequenos ibons e o río Esera serpenteando polo medio dos prados.

Pla de Estañ
 
Aproximadamente 1 km despois do Pla D´Estañ chegamos a Caseta de la Besurta (1900 m) , que non deixa de ser un bar e a parada dos autobuses que suben xente dende o aparcamento. Por tanto nesta zona, e especialmente na época na que fomos nos en pleno mes de agosto, está un pouco masificada.

Caseta Besurta
 
Un pouco mais adiante o sendeiro divídese en dous, a man dereita unha senda parte camiño do Refuxio da Renclusa, vía de acceso normal o Aneto e as outras grandes cimas do macizo. Nos seguimos a senda que sae a man esquerda, camiño do Fórao de Aiguallut. Como dixen antes esta é unha senda moi transitada e masificada, pero aínda así puidemos observar numerosas marmotas, xa que non son animais especialmente tímidos.

Pouco a pouco vamos achegándonos o Forao de Aiguallut (2000 m), trátase dun sistema karstico de considerables dimensións no que desaparece tras despeñarse polo enorme burato formado o río que nace a pes do Glaciar do Aneto. Curiosamente este río tras recorrer mais de 3 km baixo terra reaparece no Val D`Arán nos Uelhs deth Joeu (Ollos dos Xudeus) na zona de Artiga de Lin alimentando o Río Garoña. É decir, un río que nace na conca do Ebro alimenta de forma natural o Garona para desembocar preto de Burdeos en Francia.

Forao de Aiguallut

Cascada de Aiguallut

Se continuamos un pouco mais chegamos a unha enorme pradeira coñecida como Pla de Aiguallut onde o río serpentea en numerosos brazos antes de despeñarse pola cascada de Aiguallut e desaparecer polo Forao. Este é un lugar moi frecuentado por pastores cos seus revaños de vacas, e é un bo lugar para facer un descanso e comer un bocadillo a pes do Aneto.

Pla de Aiguallut
Revaños de vacas no Pla de Aiguallut

Este punto é o final da ruta para a inmensa maioría dos sendeiristas pero nós decidimos continuar ascendendo ata o Lago de Barrancs, para elo cruzamos o Pla de Aiguallut ata o seu fondo e ascendemos polo Barranco de Salterillo. A partir de aquí a ruta xa non é tan cómodo xa que non hai un sendeiro marcado e hai que ir saltando grandes bloques de pedra e seguindo o hitos deixados por outros montañeiros sempre paralelos o regato. A cantidade de xente tamén é escasa e a tranquilidade case absoluta. No noso caso se ata o Fórao de Aiguallut nos cruzamos con centos de persoas, unha vez que comezamos a ascender polo barranco unicamente foro tres as persoas coas que nos cruzamos.

Barranco de Salterillo

Rapidamente imos gañando altura ata que aproximadamente na cota de 2130 m cruzamos o río e nos desviamos cara a dereita rodeando un pequeno pico, xa que o barranco se vai pechando dificultando enormemente o paso. A partir deste punto circulamos xusto por debaixo do Glaciar do Aneto, que se atopa uns 600 m por encima nosa, de feito o camiño trancurre por encima das morrenas deixadas polo glaciar durante a Pequena Idade de Xeo (1550-1850). O Glaciar do Aneto é o mais grande de todo o Pirineo cunha extensión dunhas 90 ha, e como todos atópase en rápida regresión estando prevista a súa desaparición total para mediados deste século.

Glaciar do Aneto

Ibon de Barrancs

Aproximadamente na cota de  2400 m deixamos a senda e xiramos a esquerda para subir un pequeno collado colgado enriba do Lago. A vista é excepcional e xustifica o esforzo da ascensión, os nosos pes está o Lago ou Ibon de Barrancs coas súas augas turquesas, e detrás nosa o Glaciar e o pico Aneto, o monte mais alto de toda a cordilleira.

Vista panorámica desde o Ibon de Barrancs

No hay comentarios:

Publicar un comentario