Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

domingo, 27 de marzo de 2011

Rabaçal: 25 Fontes e Cascada do Risco (Madeira)

Madeira é unha illa para practicar o sendeirismo, se ides buscando sol e praia mellor non vaiades (en toda a illa soamente hai unha pequena cala de area natural), pero se vos gusta o treking, a natureza e o sendeirismo, entón non vos defraudará.


Moitas das rutas que se poden facer nesta illa discorren por levadas, estas constitúen unha rede de canais para transportar auga por toda a illa de máis de 1400 km de extensión. En líneas xerais se trata de levar auga dende o norte húmido e chuvioso ata o Sur, moito mais seco.

A mais coñecida e visitada e a Levada das 25 fontes, o camiño discorre entre a laurisilva e nos permite, ademais das 25 fontes contemplar a Cascada do Risco, un impresionante salto de auga de mais de 200 m de caída.


Mapa da zona

Decidimos facer a ruta o día 31/07/2009, aproveitando que visitabamos esa zona da illa. É unha ruta fácil, apta para calquera persoa cun mínimo de preparación polo que está bastante concorrida, especialmente no verán.

O camiño comeza no parking do Posto Forestal de Rabaçal, na estrada ER 110, que une  Paul de Serra (O único lugar plano que existe en toda a illa) e Porto Moniz na costa Norte.

Dende o Parking sae unha pista asfaltada que baixa cara o posto forestal de Rabaçal, situado a uns 2 km e uns 120 m de cota mais abaixo. Hai un servicio de buses que te baixan pagando unha módica cantidade (creo que eran 3 euros), pero eu non o recomendo xa que este troco o ser baixada faise bastante cómodo e ademais é bastante interesante. En calquera caso se o voltar se está moi cansado, pódese coller de subida.

Como comentei antes camiño pola pista que baixa ata Rabaçal é moi cómodo e chégase  aproximadamente en 20 minutos.  Nesta zona contemplamos as vistas sobre os vales e colinas e a exuberante vexetación que conforman a paisaxe.

Pista que baixa a Rabaçal dende o aparcamento.

Unha vez en rabaçal  o sendeiro a 25 Fontes e  Cascada do Risco está perfectamente sinalizado. Ambas rutas discorren inicialmente por levadas paralelas situadas a distinta cota, A do Risco a 1150 m de altura e a de 25 Fontes a 950 m aproximadamente.

Nos fixemos en primeiro lugar a ruta que nos leva ata a Cascado do Risco, mantendo a mesma cota aproximadamente que Rabaçal. O traxecto e curto, uns 10 minutos xa que tan só nos separa 1 km do nosos destino. Unha vez alí a vista é espectacular, dende o mirador habilitado se observa unha impresionante cascada cuns 200 m de caída.

Cascada do Risco

Durante toda a ruta é fácil observar unha das aves endémicas da illa, o Pinzón de Madeira (Fringilla coelebs). Ademais nesta zona do mirador da Cascada do Risco están relativamente afeitos a presencia humana e é fácil fotografalos.

Pinzón de madeira (Fringilla coelebs)

Desfacemos o camiño feito ata chegar a un cruce sinalizado que nos indica o camiño ata a Levada das 25 fontes. Temos que descender 200 m de desnivel polo que aquí si que hai unha forte baixada por un sendeiro empedrado, a cachos mediante escaleiras. Unha vez chegamos a levada o camiño discorre pegado a ela durante todo o camiño. Como curiosidade dicir que no canal da levada viven troitas de bo tamaño, e se nos fixamos detidamente irémolas vendo durante todo o camiño.

Troita na levada

O camiño ata 25 fontes son 2,5 km dende o cruce que nos levaba ata a Cascada do Risco, en zonas a laurisilva se volve tan densa que da a impresión de que camiñamos por un túnel.

Camiño a 25 Fontes

Camiño a 25 Fontes

Cascada do Risco desde a Levada das 25 Fontes

O final do noso camiño son as 25 Fontes de Rabaçal, unha espectacular parede de pedra cuberta de fientos onde nacen infinidad de pequenas fontes (din que son 25 pero eu non as contei, a verdade), para formar un pequeno estanque onde recolle a auga a levada que levamos varios km seguindo. 

25 Fontes

Cascada das 25 fontes

Cascada das 25 fontes

Nese estanque se amorean sorprendentemente ducias de troitas esperando para comer os trozos de pan que moitos sendeiristas lles botan.

Troitas en 25 Fontes.

Desfacemos agora o camiño ata Rabaçal (ollo  a forte subida entre a Levada das 25 Fontes e a do Risco) e unha vez alí poder regresar ata o aparcamento andando ou ben no servizo de buses existente.

1 comentario:

Sabiña dijo...

Fermoso o pinzón e as troitas que nos acompañaron durante todo o camiño. Espectaculares as uces que facían a nosa andaina levadeira e sombría, naquel día de calor.

Publicar un comentario