Espero que sirva de axuda este blog a quen, coma min, gusta de pasear por camiños, sendas e corredoiras.

lunes, 24 de enero de 2011

Polo teito de Madeira, do Pico Arieiro o Pico Ruivo

O día 02/08/2009, tras varios días de turismo mais ou menos convencional por Madeira (Portugal), decidimos facer a ruta raíña de toda a illa que une os seus dous picos mais altos, o Pico Arieiro (1818 m) e o Pico Ruivo (1862 m)


 A verdade e que tivemos mala sorte co tempo pois tras varios días totalmente despexados ese día apareceu parcialmente nubrado o que por momentos impediu contemplar as espectaculares vistas que se observan nesta ruta.

Para chegar o Pico Arieiro (inicio da Ruta) se accede en coche ata a mesma cima en aproximadamente 45 min desde o centro de Funchal, collendo a estrada en dirección a Poiso e despois o desvío que nos leva ata o pico.

Unha vez que cheguemos o Arieiro non nos deixemos levar pola decepciónante 1ª impresión, especialmente no verán (restaurante no mesmo cumio, enorme explanada de parking, autobuses de excursións organizadas, vamos toda unha feira). As vistas son espectaculares con impresionantes cortados e barrancos de centos de metros de altura, ademais en canto nos alonxamos un pouco do aparcamento a cantidade de xente decrece exponencialmente (xa sabedes como soen ser estas cousas).

Vistas dende o Pico Arieiro
Aínda que en varios sitios se considera esta ruta como fácil eu persoalmente non estou para nada de acordo. É unha ruta difícil, por sendas estreitas e con moitos escalóns, ademais se salva un desnivel considerable (750 m entre a ida e a volta) e aproximadamente uns 18 km polo que hai que ter unha certa forma física. O camiño non é perigoso pero si é certo que se atravesan algúns túneles e tramos bastante vertixinosos (estes están protexidos por varandas). 


Para iniciar a ruta baixamos por unha senda moi evidente dende o vértice xeodésico de Pico Arieiro en dirección Norte. Aproximadamente 15 minutos despois chegamos a un espectacular mirador coñecido como Ninho da Manta. Dende aquí un día claro a vista debe ser sobrecolledora (pero como indiquei antes a nos tocounos nubrado polo que soamente puidemos ver os barrancos e cortados a ratos entre a néboa)

Vista do Pico Arieiro dende o Mirador Ninho da Manta
A continuación súbese unha pequena torre rochosa que teremos que descender por unha arista bastante aérea (aínda que está perfectamente protexida polo que en ningún momento resulta perigosa)

Espectacular arista pola que se descende do miradoor.
Continuamos baixando a ratos por un camiño empedrado a rato por escalón tallados na propia rocha, ata que aproximadamente na cota dos 1550 m nos atopamos co Túnel do Gato, o primeiro dos que teremos que cruzar durante a camiñata. Pouco despois o camiño se bifurca, calquera das dúas opcións é boa para chegar ata o Pico Ruivo. A distancia é mais ou menos a mesma pero se collemos a senda da dereita (ruta oriental) teremos que subir parcialmente o Pico das Torres polo que esta variante é mais dura. Nos escollemos facer unha ruta circular polo que na ida iremos polo pico das Torres (ruta oriental) e voltaremos pola outra variante (ruta occidental).

Camiño de descenso cara o Tunel do Gato
A subida o Pico das Torres é bastante dura, aproximadamente 20 min de  ascenso pola empinada senda empedrada e chea de escalóns. Tal é a dureza deste tramos que neste punto meus pais (que nos acompañaban nesta ocasión) decidiron dar a volta.


O chegar a un collado situado a uns 1700 vemos por 1ª vez o nosos obxectivo, o Pico Ruivo. Baixamos do collado pola mesma senda empedrada e chegaremos en poucos minutos a saída do túnel onde as dúas variantes da ruta se volven xuntar. Por aquí regresaremos ata o coche.

Iniciamos xa o ascenso o Pico Ruivo por unha senda pouco tendida pola que podemos admirar un espectacular bosque de brezos arbóreos de varios 20 m de altura. Agradécese a súa sombra xa que neste punto nos atopamos xa por enriba da capa de nubes e o sol pega con forza. 

Brezos xigantes no camiño de ascenso a Pico Ruivo
Na confluencia da nosa senda con outra que provén de Achada de Teixeira se atopa un refuxio de montaña, que pode ser unha boa opción para descansar se pretendemos continuar a nosa travesía ata Encumenada no centro da illa. Dende o refuxio en apenas 5 min se chega a cima do Pico Ruivo onde 3 plataformas de madeira a modo de miradores nos permiten disfrutar dunhas vistas espectaculares de toda a illa (ou no noso caso do mar de nubes que a cubre).

Refuxio visto dende a cima

Miradores na cima do Pico Ruivo
Tras uns minutos de descanso (bocata incluído) regresamos polo mesmo camiño ata a boca do túnel onde se inicia a variante da ruta occidental. Esta variante como dixen antes non é tan dura xa que mantén (mais ou menos a mesma cota) pero hai que salvar tramos bastante aéreos (aínda que están protexidos unha persoa con vertixe o pode pasar bastante mal) e varios túneles (o mais longo deles duns 200 m e ademais en curva polo que a escuridade no seu interior é case total (non está de mais levar unha lanterna na mochila). Neste tramo teremos unhas espectaculares vistas sobre o val de Curral das Freiras.

En zonas o camiño está excavado na propia rocha
Variante occidental da ruta
As dúas variantes vólvense xuntar, cruzamos o Túnel do Gato e ascendemos novamente ata o Pico Arieiro para finalizar a ruta. En total unhas 5 horas e media de camiñata sen contar as paradas (Tres para a ida e dúas e media para o regreso xa que a variante occidental é menos dura)


3 comentarios:

Unknown dijo...

Xa teño unha guía que seguir para cando vaiamos a Madeira (que iremos...^^)

Roberto Verde dijo...

Un sitio moi recomendable para quen lle gusta o sendeirismo. A min persoalmente me sorprendeu moitísimo.

Sabiña dijo...

Sen dúbida foi unha ruta sorprendente, e ainda que nos topamos case todo o camiño no medio da néboa, as vistas eran fermosas

Publicar un comentario